Case por Abragán-A variante do camiño de Santiago entre Láncara e O Corgo cara Lugo
A capela de San Bertolameo en Abragan e a ponte romana de Lago.
Diante da posibilidade da recuperación desa variante do camiño de Santiago cara a cidade de Lugo, tamen antigo Camiño Real http://www.concellodelancara.com/ pasando por San Pedro de Bande, para entrar pola ponte romana de Lago no concello de O Corgo.Cumpre falar, que case o carón deste percorrido en Abragán, alí afíncase a capela de San Bertolameo, onde adormece o devandito ata que lle fan a festa o vinte catro de agosto. Pero nada que ver lembrando as décadas dos sesenta e setenta e aínda máis aló, onde habería que subliñar aquela romaría na carballeira, desaparecida hoxe, na que se podía atopar de todo. Mesmo os cegos tocando a zanfona, co seu pucho ceibado no chan por mor da esmola, que os vendedores recitando os contidos das coplas, onde desenguedellaban o acontecido en terras afastadas, crimes ou asoballes de xentes, como dicía Rosalía de Castro, en Casteláns de Castela, cando ían a procura das segas. Cabería saliantar, aqueles monicreques diversos que contiña a barraca de barriga verde, ceibando o seu son coas auto falantes de cazoleta atados nos carballos dos redores.
E alí o pe de todo isto, as merendas, moreas de xentes chegadas dos recunchos menos sospeitados. Era esta unha romaría con moita sona, onde os asistentes desenguedellaban o día para pasalo, como se di hoxe, de vicio, e con cousas sinxelas. Non faltaban tampouco, como en todo tempo, algunha que outra liorta de xentes que pretendían escangallar o acougo do festorro, pero alí estaba os gardas para controlar as desfeitas, por si se terciaban unhas losqueadas a tempo. Pero todo isto e xa pasado e forma parte daquela nostalxia. Posiblemente botando man dos entendidos das sipcofonías, aínda hoxe se poderían escoitar os aturuxos dos enxebres gaiteiros nos redores dese case esquecido castro celta onde está fincado o pequerrecho templo.





0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada